
O próximo Sábado 17 de Decembro ás 16:00 horas , o equipo Senior Femenino xogará polo liderato na liguilla que da dereito a xogar polo ascenso de categoría, xa que se enfrenta ó Otero Caritón Inmaculada de Santiago.
Para conseguir o liderato temporal na categoría, o Vázquez y Reino Basket Xiria debería vencer por 16 puntos, xa que no partido de ida en Santiago o resultado final foi de 74-59
Con respecto ó partido desta fin de semana, as Carballesas foron moi superiores ó Adfro, vencendo por unha diferenza de 64 puntos a domicilio.
ADFRO 24 – VAZQUEZ Y REINO EBX 88
Os parciais foron os seguintes: 6-33 / 6-21 / 4-17 / 8-17
Anotadoras: Laura 12, Iria 12, Ana 9, Silvia 14, Sara 7, Limeres 7, Cris 2, Estela 8, Irene 6, Mato 4, Pombo 5 y Lucía 2
A destacar que todas as xogadoras participaron no encontro e todas foron quen de anotar na canastra rival. O partido estivo marcado pola gran diferencia de nivel entre os dous equipos, pero aínda así felicitamos ó Adfro pola súa loita e pundonor a pesares do resultado final.
Noraboa ó Vázquez y Reino Basket Xiria pola Victoria e pola marcha global do equipo a pesares de ser a primeira tempada na categoría, e na historia do Baloncesto Femenino en Carballo
A clasificación tras oito xornadas é a seguinte:
Deixa unha resposta