Junior Masculino | Clara victoria do Ortodix contra CB Cambre

Balance positivo neste dobre enfrontamento contra o CB Cambre, que se salda con dous partidos gañados.

O partido comeza aberto mercé aos nosos erros defensivos na linea de pase; produto desta carencia anótannos en situacións de superioridade sen rotación defensiva ou en porta atrás sen chegar a tempo a debida axuda. Este aspecto debemos corrixilo nos seguintes partidos desta tempada xa que se trata dun aspecto básico.


Sen acerto no tiro exterior nosa produción viña de contraataques, aínda que con altibaixos por non saber atacar ben o espazo ou as situacións de inferioridade defensiva.

Melloramos na saída do terceiro cuarto aproveitando mellor os espazos e os tiros de maior porcentaxe. Así mesmo na faceta defensiva corrixiamos tanto no lado forte como no lado axuda, e asegurando o rebote. Esta fluidez defensiva axudábanos de fronte o aro rival. A nosa maior velocidade permítenos atacar unha defensa non tan ben colocada como a visitante.

Mostrabamos maior equilibrio no xogo dando un paso máis e aproveitando as vantaxes. Fomos capaces de impoñernos nos parciais dos catro períodos mellorando en todas as facetas do xogo ao longo do encontro; por iso a vantaxe no marcador íase ampliando ata o algarismo final 62-32.
Esta melloría deberemos corroborala ante rivais de superior nivel físico, técnico e táctico a pesar do resultado.


Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*