Junior Masc | Clara victoria a domicilio do ORTODIX Basket Xiria Artai fronte ó CB Montrove

Boa cara ofensiva do ORTODIX BASKET XIRIA ARTAI, mellorando o ritmo do pase, a circulación de balón e mellores eleccións en ataque acompañando o acerto  fronte o aro.

Defensivamente este acerto de ataque facíanos cometer erros no 1c1 e non chegar con bo  timing ás axudas. Por iso non conseguiamos as diferenzas desexadas no marcador.

Durante o segundo cuarto prodúcese un cambio defensivo mellorando en todos os aspectos; iso posibilita asegurar o rebote e correr de maneira máis ordenada. Anotamos en posicións próximas mellorando as nosas habituais porcentaxes.

Tras o descanso expondo defensas alternativas e mellorando a actividade e as decisións en canto ás vantaxes conseguiamos un parcial a favor de 24-04 que facía que o noso rival xa non se mostrase tan consistente no seu xogo. Logramos xogar cunha marcha máis, máis intensos en todos os aspectos do xogo. Ao final deste terceiro cuarto 61-29.

O último período resultou máis igualado porque se nivelaron as forzas de ambos equipos sen un dominador claro do xogo. Parcial igualado e vitoria ao final grazas ao bo labor do terceiro período.

Conseguimos mellorar respecto a a semana anterior no ámbito competitivo, e este será un dos obxectivos durante esta tempada, independentemente do resultado.  

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*