JUNIOR MAS | Primeiro partido e victoria do ORTODIX Basket Xiria Artai como visitante.

A pesar duns inicios dubitativos e con moitos erros o ORTODIX Junior Masculino, soubo buscar a melloria para traer unha victoria para Carballo.

  • ANOTADORES:
  • Manu: (9); Damian (17); Miguel (21); Antón (8); Jano(6); Ivan (10); Borja (4); Juan; Dani. Adrián

Primeiro partido de liga regular da 2ª división junior masculino disputado en horario matinal do domingo no polideportivo municipal de Mera.

O encontro iníciase con demasiados erros defensivos no 1c1 e numerosas perdas de balón no pase. No plano ofensivo abusamos das individualidades sen os investimentos de pelota. Isto producía que o equipo local anotase en situacións fáciles e próximas a canastra.

A partir do segundo período tentando mellorar no xogo colectivo e na lectura das vantaxes igualamos o plano anotador. Conseguimos reducir a só tres puntos a desvantaxe ao descanso (36-33).

Desde o inicio do terceiro período lemos mellor nosas vantaxes e fortalezas; mellor interpretación da defensa do 1 c1, e asegurando o rebote defensivo conseguiamos puntos de contraataque. No debe non soubemos controlar as posesións de acordo coa vantaxe e o reloxo de partido. Outro lunar foron os fallos desde a linea de tiro libre.

Por todos estes motivos encaramos o último cuarto cunha vantaxe que non administramos do todo ben; erros nas axudas defensivas desprotección do rebote e malas lecturas en ataque posibilitan ao rival reducir as diferenzas e a fe na súa vitoria. Nos últimos dous minutos se que fomos capaces de corrixir os erros cometidos en leste ultimo cuarto e aproveitar as nosas vantaxes. Soubemos competir mellor ao final que administrar unha vantaxe no marcador para conseguir romper o partido.

Debemos mellorar o control das nosas decisións no campo con todos os factores que determinan o xogo. Hai que mellorar a nivel mental.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*