Derrota severa do Junior Masculino en San Criprián, na Fase de Ascenso a Liga Galega.

Os primeiros cinco minutos do ORTODIX BASKET XIRIA-ARTAI, resultaron ser un espellismos do que despois sería o resto do partido.

Aí o marcador reflectía un 9-6 en contra, e tan só estabamos acertados no aspecto ofensivo. Nosa defensa resultaba cómoda para o ataque rival, adoecendo de pouca agresividade na liña de fase o que lles permitía unha fácil circulación de balón. Permitindo esta iniciativa conseguían efectividade nos seus tiros e empezaban a reflectir moita diferenza no xogo e no marcador.

Sen 1 contra 1, agresividade na liña de pase, descoidos nas normas defensivas e con nula actividade no rebote defensivo permitimos que a diferenza se agrandase. O noso ataque individualista cometendo numerosas perdas de balón e sen respectar as regras de xogo, lendo mal as situacións de 1 contra 1. Literalmente estábannos pasando por encima. Resumindo estes dous partidos, deben servirnos para darnos conta que non temos o nivel para loitar polo obxectivo desta fase.

Baixar un banzo e tentar competir nunha división na que seguro teremos rivais de igual ou maior potencial ao noso. Tocará mellorar dando o mellor nivel que podamos ofrecer.

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*