O Ortodix Basket Xiria Artai vence ao Basquet Coruña, nunha traballada victoria

A pesar dun primeiro tempo igualado, os xogadores de Basilio Pampín foron quen de correrxir os erros do inicio, así coma aspectos importantes de xogo para deixar a victoria en Carballo.

Para conseguir o compromiso e a implicación dos xogadores estes deben darlles valor ás sesións de adestramento; deben autoexigirse non só tendo que ir adestrar, se non tendo a mellor predisposición para mellorar, ser adestrado e converterse ademais de en un xogador máis completo nun xogador entrenable. Formarse, aprender e respectar o deporte.

Deben aprender que o esforzo nos adestramentos ten a súa recompensa e serve para obter resultados, non só desde un punto de vista numérico; derrota ou vitoria; o resultado final non serve, neste partido, para analizar o nivel de xogo tanto individual como colectivamente. O noso xogador debe competir e mostrarse competitivo sempre. Afrontar o seu nivel de xogo; ser conscientes diso; asumir os erros propios, e corrixilos sen vontade que sexan erros repetidos durante longos períodos de tempo. Sen ter conciencia de todo isto atoparémonos de bruzos coa realidade e sufriremos unha maior frustración.

Este ten que ser o noso punto de partida a partir de aí corrixiremos os erros defensivos do 1c1, a mala posición e actividade ao lado de axuda e o pouco desexo de capturar os rebotes defensivos e de facer un bo balance defensivo, sen equilibrio ente o rebote ofensivo e a transición correcta para impedir as canastras doadas do rival. Hai que ser teimudo para facer á perfección os conceptos básicos defensivos.

O xogador tense que involucrar de forma que os seus obxectivos sexan tamén os do seu grupo de traballo; non buscar un recoñecemento individual, os xogadores á procura dun obxectivo común. Enfoque na mellora dando importancia a elementos dos xogo non tan visibles e competindo con concentración. Toda esta filosofía toda foi esquecida durante os 20 primeiros minutos antes do descanso. A partir de aquí é cando o xogador dáse conta que todo o que non está a tratar de facer é importante e con vontade de corrixirse, arránxanse eses importantes aspectos do xogo; existía maior actividade no 1 c1; colocabámonos mellor nas axudas, e pelexabamos con decisión o rebote, aínda que con certas lagoas nese aspecto dos nosos xogadores exteriores. Melloráronse conceptos de ataque con respecto á primeira parte, sobre todo nas decisións das superioridades, e dando asistencias que tiñan maior porcentaxe de aproveitamento; hai que esixirse máis nos tiros sen oposición liberados, e desde a liña de tiro libre. non podemos deixar escapar tantos puntos.

Que un bo resultado non nos cegue!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*