#JuniorMasculino: ORTODIX BASKET XIRIA ARTAI 92 – 23 Liceo La Paz

Clara vitoria para o ORTODIX, a pesar dunha saída a pista no primeiro cuarto algo dubitativa e sin clara actitude competitiva.

O primeiro período do encontro debe servirnos de ensino; non se pode saír á pista sen a actitude competitiva necesaria para disputar un partido; non existía o 1 c1, nin as axudas nin o peche do rebote defensivo. Faltaba a comunicación defensiva e encaixabamos os puntos baixo aro grazas á nosa pasividade. Desde este punto de partida ou se melloraba ou comezabamos unha dinámica moi perigosa.

A partir dos segundos dez minutos houbo unha lixeira melloría, non suficiente para mostrar o noso nivel real de xogo. Logramos producir puntos de contraataque mercé a apertar a liña de pase e dominando o rebote defensivo, nesta fase non abusabamos do  dribling para sacar vantaxe.

Durante a segunda metade fomos capaces de ir mellorando o noso rendemento tanto a nivel individual como colectivo. Había momentos nos que si transmitiamos as sensacións complementarias para resultar competitivos. Alternamos bos momentos de ataque a zona en canto conceptos ofensivos con boas lecturas e acerto nas finalizacións , con momentos onde encadeabamos perdas e erros con fallos nas canastras próximas.

Debemos mellorar en todos os aspectos do xogo e non cegarnos por un resultado; o noso rendemento depende de ter toda a actitude psicolóxica e física, e neste punto desenvolver todas as capacidades técnicas e tácticas.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*