Junior Fem: Derrota por unha canastra do Seguros Sueiro Artai Xiria

Clara melloria das Junior carballesas que na ida sufrirán una contundente derrota por 30 puntos

Partido correspondente a terceira xornada da fase de ascenso para ambos equipos xogando no pavillón da Casqueira en Pontedeume .

Nada que ver o partido disputado onte co de fai un mes no que as carballesas caían derrotadas por trinta puntos. As xogadoras do Seguros Sueiro saíron moi metidas no partido, marcado pola defensa de ambos equipos, estivo a un paso de conseguir a vitoria na complicada pista eumesa.

Nun partido de máxima igualdade, con diferencias mínimas para ambos equipos, as locais estiveron mais acertadas nos instantes finais do partido, que dominaban as carballesas a menos de tres minutos para o remate do encontro.

Cos nervios a flor de pel, as xogadoras de Pontumio aguantaron mellor os nervios para facerse ca vitoria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*