INFANTILES: dúas derrotas coilleitaron ámbos equipos masulino e feminino no inicio da competición.

A pesares das derrotas polo mínima os equipos infantís feminino: TURISMO CARBALLO BASKET XIRIA e o masculino: DENTAL NOA GARCIA BASKET XIRIA, amosaron gañas, tesón e calidade, pero faltoulles acerto nos minutos finais. Pero a eso deixaron boa imaxe e disputando cada balón con posibilidade de levarse a victoria ámbolos dous equipos.

CADETE MASCULINO:

Partido correspondente a primeira xornada de liga, na polideportiva de Riazor no que se foi mellorando moito conforme avanzaba o partido, malia que non se conseguiu a primeira vitoria.
Primeiro cuarto con poucos puntos, o Xiria perdía moitos balóns mentres que o equipo local mostraba un mellor xogo, aínda que con pouco acerto no tiro 9-4

No segundo, os dous equipos mostraron mais acerto. Os carballeses conseguían anotar puntos fáciles correndo e chegaban ó descanso cunha desvantaxe unicamente de 4 puntos 24-20.

Tras o descanso os visitantes continuaban amosando unha boa versión en ataque pero moi pasivos en defensa, deixando xogar cómodos ós coruñeses que conseguían incrementar a vantaxe ata ós 8 puntos.


No último cuarto mellorou esa versión defensiva e o Xiria incrementaba a presión sobre o balón, e provocaba varios erros conseguíndo unha vantaxe de 4 puntos a falta de 2’. Pero reaccionaron os colexiais que foron capaces de darlle de novo a volta ó marcador, aproveitando un par de perdas e levándose o partido por 3 puntos.


CADETE FEMININO:

Primeiro partido da liga regular , o que facía que o infantil feminino volvera a competir despois de case un ano de parón . E o encontro comezaba con nervios normais nos dous equipos e onde as perdidas de balón e os erros nas canastras doadas eran o normal , a pesar diso o Turismos Carballo mandaba no marcador o remate do primeiro cuarto por 14-4.

No segundo cuarto Compañía de María poñería máis en apuros as locais e con máis acerto de cara o aro acercábase no marcador chegando o descanso con vantaxe para as nosas 23-17.

Tras o descanso seguían as cousas igual e o partido era por rachas de cada equipo onde as nosas collían unha racha de canastras pero a continuación acumulábanse moitos erros o que facía que as visitantes se volveran a acercar deixando todo por decidir nos últimos 10 minutos .

O último cuarto sería trepidante con erros por parte dos dous equipos , pero as nosas con moitas mais perdas facían que as visitantes se levaran a vitoria pola mínima 41-43.

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*