Infantil Masculino | Emocionante encontro do Dental Noa García Xiria vs Esclavas

A pesar do resultado os nosos xogadores foron quen de manter un bo nivel de xogo, sobre todo na segunda metade e na prórroga, mantendo a emoción ata os últimos segundos.

Partido correspondente á segunda xornada de liga, no Polideportivo de Bergantiños onde se sufriu a segunda derrota da tempada nun partido moi igualado.
O Xiria volveu a comezar moi despistado, sobre todo na faceta ofensiva onde perdíase o balón con moita facilidade, aínda que os visitantes non o aproveitaban o suficiente e o marcador amosaba igualdade ó remate do cuarto (8-8)

Pero Esclavas si que o aproveitou no segundo do partido, mentres que os locais continuaban a perder balóns con facilidade e a desvantaxe crecía ata os 11 puntos no descanso, 14-25.Pero chegou a reacción tras o descanso. Comezouse a coidar o balón e os carballeses conseguían anotar, volvendo así ó partido e poñéndose a tan so 2 puntos ó remate do cuarto.
No último cuarto primou a igualdade, con empate no marcador o Xiria tivo opción de levarse o partido, pero errou ese último lanzamento e os coruñeses leváronse o partido nunha prórroga na que souberon aproveitar as facilidades defensivas froito do cansancio.

Ó final 52-56…ÁNIMO!!!

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*