Infantil Masculino: Segunda victoria consecutiva do Clinica Dental Noa Garcia

Dende o inicio o Xiria tivo que enfrontarse a unha defensa moi cerrada e aínda que por momentos se atacaba con certo criterio non había fluidez ofensiva.

rimeiro cuarto ónde o rival, Cristo Rey, atopaba canastras fáciles e o marcador reflexaba 9-9 cando se chegaba ó remate.

Mellores ataques no segundo cuarto rompendo e dobrando, e algo más de solidez defensiva daban as primeiras vantaxes ós locais, que conseguían chegar ó descanso 3 puntos por riba.

Melloraban ofensivamente os visitantes tras o descanso, e vivíanse os momentos menos colectivos no apartado ofensivo e iso se reflexaba no marcador, o Xiria unicamente anotaba 5 puntos e a vantaxe redúcese a 1 punto, cando so resta un cuarto por xogar.

Pero o comezo do último cuarto mostrou a mellor cara dos carballeses que apertaban en defensa e conseguían contraataques ademais de mostrar a súa mellor versión no ataque en estático, mostrando colectividade e efectividade. Así conseguía levarse o partido, sen necesidade dun final igualado, por un resultado final de 41-34.


Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*