CLÍNICA DENTAL NOA GARCÍA XIRIA 40 – SANTA MARÍA DEL MAR INFANIL 57

ADESTRADOR: HECTOR MÉNDEZ

ANOTADORES:
Xes (4); Sergio (2), Xavi (3), Joel (7-1tripla), Mario (6), Martín (8), Xabi (4), Dani (4), Bruno(2), Mateo.

ANALISIS DO PARTIDO:
Partido correspondente a primeira xornada de liga, no colexio Santa María del Marno que non se puido sumar unha vitoria e se puideron ver moitas cousas a mellorar. Primeiro cuarto onde Xiria foi capaz de anotar gracias a recuperación de balóns e contraataques, pero o equipo local mantíñase
preto anotando dende a liña de tiros libres. (11-17)

No segundo, o partido igualouse aínda máis xa que baixaba o acerto finalizando dos carballeses e chegábase ó descanso cunha curta vantaxe de 3 puntos 22 -25. Tras o descanso nada que ver, Santa María del Mar anotaba con facilidade ante a fraxilidade defensiva do Xiria, e en ataque
desaparecía a colectividade, foron os peores momentos do partido facendo un parcial de 4-19. No último cuarto os colexiais foron capaces de controlar a vantaxe en todo momento, aínda que se mellorou lixeiramente a colectividade ofensiva, non se puido recortar a diferenza e o partido rematou cunha diferencia de 17 puntos

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*