
Terceira vitoria consecutiva da tempada nun partido dominado polo CLINICA DENTAL NOA GARCIA Xiria
Partido correspondente á cuarta xornada de liga, no polideportivo de Bergantiños onde se acadou a terceira vitoria consecutiva da tempada nun partido dominado por Xiria dende o inicio de partido.

O partido comezou moi ben para os carballeses, sendo moi agresivos cara o aro e xogando ben con espazos foron bos momentos ofensivos, aínda que na defensa non se mostraba moita actividade o que aproveitaban os arteixáns para conseguir algunha canastra fácil (22-6)
O segundo período foi similar o anterior, cos carballeses correndo e xerando espazos para o balón que conseguían aumentar a vantaxe ós 26 puntos cando se chegaba ó descanso.
Á saída dos vestiarios cambio moito o conto, o Xiria perdeu toda o orde e colectividade, nada que ver con Arteixo que demostrou que vai por un bo camiño, e xogou súper colectivo todo o partido, o que lle valeu para acurtar un pouco diferenzas no marcador.
O equipo carballés volveu de novo a mostrar colectividade no último cuarto, e por iso conseguiuse anotar bastante, mentres que os visitantes continuaron coa boa imaxe ofensiva que mostrou tras o intermedio, aínda que a diferenza volveu crecer neste cuarto, chegando o remate con 67-33 para o CLINICA DENTAL NOA GARCIA BaSKET XIRIA

Deixa unha resposta