O INFANTIL MASCULINO CBX NON PUIDO CULMINAR EN VICTORIA UN BO PARTIDO

Ficha partido infantil masculino:

13ª Jornada 2ª Div. Fecha 25/02/2018     Lugar: Vila de Noia (Carballo)
CALVO BASKET XIRIA:58 (16+10+15+16)

Anotadores: Xián (8); Iñaki (6); Jacobo (21); Pérez (11); Suárez – cinco inicial – Rubén (9); Adrián; Ures; Santos (2).

 

C.B. CULLEREDO: 67 (16+17+22+13)

Anotadores:

 

 

 

Crónica do partido infantil masculino:

Penúltima xornada de liga dos infantís da Escola Basket Xiria ante o terceiro clasificado, o CB Culleredo. Comezaban mandando no marcador os carballeses, movendo ben o balón en ataque e provocando moitas perdas de balón do contrario na presión defensiva. Un par de perdas de balón no final do cuarto castigou ós locais para irse igualados no marcador.

 

O segundo e terceiro cuartos foron claves no encontro. Cos carballeses continuando a presionar ben pero non aproveitando as superioridades no contraataque para anotar, polo que os visitantes se foron indo pouco a pouco no marcador a base de dominar o rebote ofensivo e defensivo coa súa gran envergadura.

 

Con todo isto e 14 puntos abaixo chegábase ó derradeiro cuarto onde os locais non se deron por vencidos. Ata en dúas ocasións os locais dispuxeron de dúas posesións para poñer a diferencia por debaixo dos cinco punto e transmitir presión o equipo rival. Pero tras un gran desgaste e certa precipitación por culminar a remontada os xogadores de Culleredo anotaron un par de canastas tras rebotes que levaron de novo a renta por encima dos 10 puntos e deixaban sentenciado o encontro. A pesar da derrota os carballeses fixeron un bo partido, sobre todo si se ten en conta que nas semanas previas de adestramentos non se puido adestrar co equipo ó completo. A derradeira xornada o equipo visitará a pista do Arteixo que vai clasificado en cuarta posición.

Galería de imaxes:

Inf Mas EBX Culleredo Feb 18 (5)Inf Mas EBX Culleredo Feb 18 (6) Inf Mas EBX Culleredo Feb 18 (13) Inf Mas EBX Culleredo Feb 18 (14)

Vídeos:

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*