Infantil Fem | Derrota contra Cía de Maria do Turismo Carballo Basket Xiria infantil

Pequeno erros no comezo do partido e un coxunto coruñes mas entonado, levou ás carballes a unha clara derrota.

Segundo partido da liga regular , de novo contra Compañía de María , onde o equipo presentaba as baixas de Ana e Iratxe con respecto a xornada anterior , presentando só 7 xogadoras , o contrario das locais que desta vez presentaba reforzos e contaba con 10 xogadoras .

O encontro comezaba con erros sinxelos por parte dos dous equipos , pero pronto as locais encontrarían o camiño o aro collendo nos primeiros minutos unha amplia vantaxe de 10 puntos pero que as nosas responderían de forma rápida con unha Claudia inspirada e deixaba o marcador o remate do primeiro cuarto con vantaxe para as locais 16-13.

No segundo cuarto Compañía de María poñería a directa e con moito máis acerto collería unha amplia vantaxe co que chegaba o descanso con un resultado cómodo 34-21.

Tras o descanso as cousas non cambiarían e cas xogadoras do Turismos Carballo moi cansadas , xa que a rotación era de só 2 xogadoras , as locais aproveitaban a ocasión e con máis de unha oportunidade de anotar por ataque collerían unha vantaxe moi amplia e case sentenciaban o encontro 50-28.

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*