
O equipo cadete masculino Asesoría Sueiro Basket Xiria Artai perdeu na terceira xornada de Copa Primavera ante o Santo Domingo de Betanzos. Os dous equipos chegaban con dúas victorias a esta xornada pero os betanceiros foron superiores e tomaron una cómoda renta no segundo cuarto.
FICHA DO PARTIDO

ANÁLISE
Moi boa salida do Asesoría Sueiro o encontro con actitude e concentración. O primeiro cuarto rematou cun parcial de 17 a 19 no que os dous equipos ofreceron un xogo vistoso.
Apartir de ahí desconexión total dos locais que perderon o ritmo ofensivo e fixeron moitas concesións en defensa ataques sin ritmo. Santo Domingo anotou 31 puntos no segundo cuarto e adquiriron unha cómodas vantaxe que lles permitiu xogar de forma moi cómoda ata o final do encontro.

Deixa unha resposta