O equipo Cadete Masculino Carballo a un Paso, campión Galego de Baloncesto

Vitoria abultada dos cadetes de Carballo a un Paso pero engañosa no resultado final, xa que o partido non resultou tan placido como indica o marcador.
cadete masculino-carballo a un paso-escola basket xiria-2
O primeiro cuarto, os visitantes chegaron a dominar ata de 9 puntos , ante un equipo local moi relaxado que non defendía con intensidade e aceptaba o intercambio de canastras, ante un equipo que estaba máis intenso na parcela defensiva. Asi, ao final do primeiro cuarto, un resultado de 21-25 que demostraba a pouca defensa por parte dos dous equipos.
O segundo cuarto cambiou radicalmente e os locais empezaban a defender un pouco mellor, co cal o coruñeses xa non podian anotar en transicion e no 5×5 custáballes máis encontar o camnino do aro. No ataque carballes, o xogo volvíase máis coral e buscábase atacar ao contrario a partir do balon interior con Anxo.Parcial de 19-10, que situa o marcador no descanso nun 40-35.O terceiro cuarto volve a defensa local a desaparecer o que aproveitan os coruñeses para seguir enganchados ao partido, grazas ás súas transicións e boa circulacion de balon, á vez que aproveitan os descansos de Anxo e a ausencia de Martin por lesion, para dominar agora no xogo próximo a canastra.Ao final do cuarto 60-53, o que significa que os locais , ven perigar o seu liderato nun partido contra un equipo que estaba en postos de descenso, e que estaba deixando moi boa impresion.No último cuarto, os locais dan tres voltas de tuerca na súa intensidade no xogo, comezan a roubar balóns, conseguen pechar o aro defensivamente, e aumentan o ritmo nas situacións de ataque, onde o mellor Jorge Mato da tempada, empeza a anotar e xerar xogo para os seus compañeiros, que pronto rompen o partido, e acaban asinando un gran cuarto, cun parcial de 26-5 en dez minutos, que demostra o potencial do equipo, aínda que últimamente, sáqueno a contagotas e de forma moi discontinua.

Con esta vitoria , os locais proclámanse Campións Galegos, e logran o pase a disputar o Campionato de España, entre os dias 22 e 28 de Maio, na localidade catalá de Seu de Urgell, onde se enfrontarán cos mellores equipos de España da categoría.

ANOTADORES:
Jota 15, Manu 2, Edu 7,Anxo 20,Lopez, Luciano 7,Melini 17,Juan Lopez 9,Javi Souto 9. Baixa por lesion Martin Vidal.

A falta do último partido en Peleteiro o próximo Sábado ás 10 horas, o equipo ten o seguinte historial da Tempada 2015-2016

resumen-liga

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*