Cadete Fem: O Xestoria Queijo non puido superar ao seu rival en Carballo.

Partido contra un rival directo, KFC Culleredo, no que se volvía a sumar unha nova derrota nesta segunda fase clasificatoria... #SEGUIMOSTRABALLANDO

O encontro comezaba co equipo local como fai unha semana , con dubidas e sen intensidade, o que facía que o Culleredo tomase o mando no encontro e se impóñese no primeiro cuarto por un 8-13.

No segundo cuarto o equipo melloraba considerablemente en ataque , pero o problema seguía sendo o mesmo que o primeiro cuarto , a defensa e o rebote o que facía que as visitantes mandaran o descanso por 19-26.

Tras o paso polos vestiarios as locais seguirían traballando e xa ca mellora defensiva as locais conseguían apertar o marcador para afrontar o último cuarto 33-37.

Os primeiros minutos do cuarto final serían os mellores minutos de xogo de todo o partido do XESTORIA QUEIJO e facía que a falta de 5 minutos po final do encontro as locais mandaran no encontro por 5 puntos , circunstancia que non ocorría en ningún momento do encontro , pero tras un tempo morto visitante , chegaría a resposta das visitantes e en menos de 2 minutos darían a volta o marcador volvendo a coller unha renda de 5 puntos , imposible de recortar para as nosas , dando así unha Vitoria merecida o Culleredo por 45-50.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*