O CLÍNICA DENTAL NOA BASKET XIRIA ARTAI ACADA A CLASIFICACIÓN PARA A SEMIFINAL DA COPA PRIMAVERA

FICHA DO ENCONTRO

ANÁLISE

Último encontro da Copa Primavera para o equipo cadete feminino de xogadoras de 2º ano. O CB Arteixo Duacode non lle puxo as cousas fáciles e o marcador foi baixo e igualado ata o descanso. Tras a reanudación o  dental Noa intensificou a defensa  e acelerou os ataques o que lle permitiu distanciarse no marcador.

O equipo remata a fase de grupos invicto e acada a clasificación para a semifinal da Copa Primavera. Tanto as semifinais como a final disputarase a próxima fin de semana en Carballo polo que as xogadoras terán unha boa ocasión para refrendar unha gran campaña.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*