
O vindeiro Sábado 1 de Xuño, Carballo acollerá a Final A4 da Copa Coruña de baloncesto en categoría cadete feminina.
A Federación otorgou a Escola Basket Xiria a organización desta fase final, na que competirá o equipo Clínica Dental Noa García Xiria-Artai , adestrado por Héctor Añón.
O equipo de Carballo xogará a súa semifinal fronte o equipo de Montrove as 12:30 h. Antes, as 10:30 h, xogarase a outra semifinal entre Basquet Coruña Leyma e Santo Domingo de Betanzos. A final xogarase as 19:15 h do mesmo día e igual que as semifinais, celebrarase no Pavillón Vila de Noia.
Os catro equipos gañaron a presencia na fase final ao quedar entre os dous primeiros clasificados na liga anterior; Basquet Coruña e Clínica Dental Noa García fixérono sen perder ningun partido.
Con esta final de Copa, o equipo carballés remata unha gran tempada, na que clasificou primeiro da sua liga regular, e posteriormente xogou a fase de ascenso. Nesta Copa, chega imbatido a fase final despois de gañar os seus cinco partidos.

Deixa unha resposta