Preminibasket: Xiria´10 Duacode 45 – 26 CB Artai

Bo inicio de encontro no aspecto anotador, aínda que nos custaba espertar na mañá fría e comezar a competir neste partido aprazado no pasado mes de decembro.

A partir do segundo período puidemos correr algún contraataque, mellorando nas decisións de pase cando tiñamos superioridade ofensiva.
En tarefas defensivas estivemos moi ben correndo cara atrás e protexelo noso aro.

Por momentos estivemos ben dando sempre un pase ao compañeir@ máis desmarcado e cambiando o balón de lado, aproveitando a rotación ofensiva anotabamos con certa fluidez.

En liñas xerais competimos mellorando aspectos do xogo e toca seguir adestrando e divertíndose para mellorar a utilización dos pes no xogo de ataque, e froito diso melloraremos as finalizacións preto de canasta.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*