DIMOLK BASKET XIRIA 66 – TOP QUALITY CARS CAMBRE 16

Partido disputado en Laracha o 17/03/2019 as 9:30 h

Victoria moi cómoda do equipo benxamin que aproveitou a superioridade física e técnica  sobre o rival, para anotar en moitas situacións de ventaxa , xa que os xogadores de Cambre trataban de pechala zona, o que concedía oportunidades para tirar desde distancia de maneira cómoda.

A distancia tras os dous primeiros periodos, fixo que deixasen de correr contraataques  para poder xogar en estático a través do pase.

Ante as facilidades que se conseguían, acabase abusando do xogo de 1×1 para lanzar sin apenas oposición, o que levou a ter que por normas ofensivas, para poder xogar a través de pases e cortes.

A destacar a evolución do grupo na súa faceta  técnica e tamén na competitiva e o meritorio dun grupo, que está formado na súa metade  por de xogadores de primeiro ano e baby basket.

Anotadores: MATEO, ALBA, IRATXE,ROI, JULIA, QUINTIN,BRAIS e  ELOI

LOGO PEUGEOT_dimolk

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*