Minibasket: Compañía de María 64 – 40 Basket Xiria Carballo 2009

Derrota no primeiro partido do ano para o equipo alevin de primeiro ano, adestrado por Arturo frente a Compañía de Maria, que se impuso ao final de maneira clara pero cun marcador que non reflexa o sucedido ao longo dos seis periodos.

situacións de ventaxa.

Tras os descanso, a situación voltase de cara para os carballeses,que tras perder de 15 no descanso, logran un parcial de 4 -14 no cuarto periodo e igualan 8-8 o quinto, polo que chegan aos últimos 8 minutos a 5 puntos no marcador. Esta reaccion carballesa, lograse a través de recuperacións de balóns, que se converten en canastas mais fáciles , asi como nunha correcta ocupaci´nn de espacios.

O último tempo, os colexiais volven a subir a sua intensidade defensiva, e imprimen un ritmo moi alto de xogo que os Carballeses non son capaces de igualar, o que convertese nun constante perder balóns que se transforma nun parcial de 21-2 que deixa a diferencia final neses 24 puntos.

Bos minutos do equipo que contou con 11 xogadores na rotació, e na que dous xogadores dos novos, foron quen de estrearse no aspecto anotador, demostrando a melloria que estan a ter , grazas ao traballo nos adestramentos.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*