BASQUET CORUÑA U11 55 – PAZO VILARDEFRANCOS BASKET XIRIA 86

Pavillón Sagrada Familia 24 de Febreiro as 17:45

Partido xogado o domingo á tarde no pavillón de Sagrada Familia onde os nosos carballeses
disputaron o cuarto partido da segunda fase contra Basquet Coruña U11. O conxunto dirixido por
Absa e Diego entrou no partido con unha intensidade que os coruñeses non souberon parar, boas
defensas con pases largos de contraataque marcaron o estilo de xogo do Xiria, Contando con
numerosas baixas do plantel carballés os nosos benxamíns botáronnos unha gran axuda para
conseguir a vitoria neste encontro. Partido tras partido o conxunto mostra síntomas dunha mellora
do xogo e consegue unha sensacións positivas no seu xogo. Agradecer ás mamás e papás que
estiveron presentes no partido e animando ao equipo.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*