
Onte 8 de Setembro de 2016, celebrábase a habitual Asamblea de Nais e Pais da Escola Basket Xiria de Carballo.
Marcos Díaz Molk, presidente actual da entidade, comezou ratificando a nova xunta directiva para os dous próximos anos – por renuncia de Diego Vázquez Reino, anterior presidente, e Bernardo Silva, vicepresidente, por motivos laborais –
Fixo tamén un pequeno balance do que foi a tempada 2015-2016, ainda que máis tarde Arturo Ferraces, coordinador das Escolas, ampliou con detalle.
Entre os temas comentados, destacouse a exitosa colaboración co Club Baloncesto Artai, compartindo xogadores, e que permitiu por primeira vez ter 3 equipos en liga Galega, sendo xunto con Santiago, Porriño, Ourense e Lugo, as únicas cidades en conseguilo.
En termos de rendemento deportivo, salientouse a participación do equipo Cadete Masculino no campionato de España, sen dúbida algo dificilísimo de conseguir, a disputa da fase de ascenso a Liga EBA polo equipo Senior Masculino, e a clasificación para a fase de ascenso a liga Galega das Junior Femenino.
Máis alá do rendemento, salientouse a participación de 11 equipos nas actividades organizadas pola federación, máis a Escola Pequebasket, fan que por sexto ano consecutivo, o número de xogadores e xogadoras que participan no Clube, se incrementen.
O nacemento das Escolas Municipais en Ponteceso e a consolidación das Escolas Municipais en Laracha, ademáis dos distintos convenios con Aspaber e outras asociacións, fan que o número de practicantes de Baloncesto en Bergantiños, dirixidos dalgunha forma pola Escola Basket Xiria, ronde os 500 , cifra RECORD sen dúbida.
En canto ó futuro, é moi esperanzador xa que por primeira vez no Baloncesto Carballés, créase para a tempada que ven o Senior Femenino, tendo desta forma tódalas categorías cubertas dende os 5 anos, ata a categoría Senior tanto en Masculino e Femenino.
Durante esta tempada, promoveremos especialmente a igualdade entre home e muller, a través de distintas iniciativas co CIM, polo que a cor morada será unha das señas do Clube neste curso que estamos a piques de comezar.
En canto a planificación, comentáronse os horarios das distintas categorías, que serán ratificados o próximo Luns, e aprobouse por maioría o cobro das cotas de forma Bimensual.
Tamén se ratificaron os orzamentos para a tempada 2016-2017, que ascenderán a unha cifra cercana ós 150.000 €
Por último, abriuse unha rolda de rogos e preguntas, e finalizouse a sesión.

Deixa unha resposta