AUTOMOVILES DIMOLK E DIMONORTE RENOVAN A SÚA COLABORACIÓN CON EBX

Do mesmo xeito que os equipos vanse reincorporando os adestramentos para iniciar unha nova temporada as empresas do noso entorno renovan o seu apoio a Escola Basket Xiria.

Unha das primeiras empresas en renovar o compromiso coa EBX para a nova temporada son as dúas empresas do Grupo Dimolk: Automóviles Dimolk e Automóviles Dimonorte. As dúas empresas realizan aportacións a Escola Basket Xiria a través de dúas modalidades diferentes. O concesionario oficial de Peugeot en Carballo segue un ano máis como patrocinador oficial do equipo junior feminino mentras que o concesionario oficial de Santiago da o seu apoio para a celebración do Día do Pequebasket. 

dimolk

dimo

 

Dende a EBX queremos dar gracias a todas as empresas e locais colaboradores porque son unha parte fundamental na continuidade do noso proxecto deportivo que presta atención a formación integral dos rapaces. As formas de colaboración son múltiples e coidamos que toda contribución ó deporte repercute favorablemente na sociedade e finalmente na propia empresa colaboradora. 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*