ELECCIONS A PRESIDENCIA da Escola Basket Xiria ~ 2020

Trala dimisión por motivos persoais, do ata agora presidente, MARCOS DÍAZ MOLK, convócanse Eleccións á Presidencia da ESCOLA BASKET XIRIA en Asemblea Extraordinaria que se celebrará o vindeiro 16 de Xullo.

CARTA DESPEDIDA DE MARCOS DIAZ MOLK

Seguindo os procesos marcados, a actual Xunta Directiva, convertida en Xunta Xestora dende o pasado 01/06/2020, convoca o proceso electoral para as ELECCIÓNS Á PRESIDENCIA.

A ASEMBLEA EXTRAORDINARIA terá lugar no FÓRUM DE CARBALLO o vindeiro xoves 16 de Xullo, ás 20:45h en primeira convocatoria e 21h en segunda.

Todas aquelas persoas interesadas en presentar a súa candidatura á Presidencia da Escola Basket Xiria e formar parte da súa Xunta Directiva, deberán cumprir cos requisitos exisidos e remitir a seguinte solicitude asinada, antes das 23:59h do día 12 de Xullo, ao seguinte correo electrónico: club@escolabasketxiria.com


Aproveitando a convocatoria electoral a as votacións para escoller presidente, o mesmo xoves 16 de Xullo celebrarase a ASEMBLEA ORDINARIA, convocándose ás 20:15h no propio FORUM DE CARBALLO, sendo a segunda convocatoria ás 20:30h. A orde doa día será a seguinte:

  • 1º – Informe Deportivo Tempada 2019/20.
  • 2º – Estado contable e informe de Tesorería Tempada 2019/20.
  • 3º – Previsión de Orzamento na Tempada 2020/2021.
  • 4º – Rogos e preguntas

FORZA XIRIA

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*