A FGB da por concluída a tempada 2019/2020, logo de consultar a Asemblea Xeral.

A FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO pecha de xeito definitivo as competicións nesta tempada 2019 – 2020. Rematan as ligas sen palmarés e sin nin descensos, os ascensos disputaranse en fases clasificatorias.

Federación Galega de Baloncesto dá por concluída a actual temporada 2019-20. A entidade federativa, tras finiquitar a consulta realizada á súa Asemblea Xeral, na que se lle cuestionaba sobre o criterio de actuación respecto a todas as competicións vixentes ante o escenario de alerta sanitaria e estado de alarma, comunica que estas finalizan de xeito definitivo.

En concreto, e cunha participación total do 73% da Asemblea FGB, a opción resultante como a máis votada, elixida por máis da metade dos votantes; foi a de non continuar coa competición, pechando as ligas sen palmarés de campións nin descensos e, no caso daquelas que tivesen establecidos ascensos, disputar fases clasificatorias no futuro, en forma e data a determinar.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*