Chegamos ó fin do 2020.

Chega a ultima noite, a piques de rematar un ano que iniciamos cheos de ilusións, proxectos e que unha crise sanitaria mundial nos freou en seco. Un ano que recordaremos, aínda que seguro non nos gustaría volver a vivir. Pavillóns baleiros, partidos aprazados, outros xogados a porta pechada (pero xogados).

Ás veces non nos damos conta do que temos ata que nos falta: saúde, liberdade, traballo, benestar, apertas e moitas outras cousas que se limitaron, se frustraron, se afastaron, se complicaron…

Dúbidas nas directivos si competir ou non, nas familias si enviar @s fill@s a “xogar” ao Baloncesto, n@s xogador@s si utilizar mascarilla ou non, nas institucións. Recortes nos patrocinios, gastos inesperados na partida presupostaria do “Covid-19” e unha crise futura que fará perder “calidade” no deporte base e tamén empregos…

Pero se algo temos no DEPORTE é motivación, o esforzo e a constancia, a capacidade de superar as adversidades como persoas, como sociedade, como EQUIPO. Foi un ano en que tod@s demostramos a nosa capacidade de resiliencia e para iso está sendo fundamental o apoio mutuo entre nos, fronte a un obxectivo común: superar esta crise que nos feriu a tódolos niveis pero da que sairemos máis fortes e cunha importante aprendizaxe na mochila da vida. Estamos seguros diso.

Desde aquí recoñecer este esforzo de tod@s, e –no que nos toca máis de preto– felicitar @s cativ@s e moz@s que forman parte desta #Familia da Escola Basket Xiria, que nos ensinaron a súa capacidade de adaptación e superación cunha actitude positiva, sempre co apoio imprescindible de nais e pais.

Agradecer ás familias, soci@s e simpatizantes por confiar e comprender os momentos complicados que tivemos e aínda temos e teremos que afrontar día a día desde o club. Estender este agradecemento ós patrocinadores que seguen confiando na nosa labor a pesares de que moitos deles tamén están a pasar por dificultades. Tamén grazas as institucións públicas e federacións que nos seguen apoiando, e que tamén tiveron e teñen que afrontar enormes desafíos. Unha aperta solidaria tamén para tódolos clubs que coma nos están a pasar tamén momentos difíciles. E finalmente unha lembranza para tod@s aquel@s que nos deixaron durante este ano.

Sabemos que os inicios do próximo ano serán igualmente duros pero comezamos a ver a luz ó final do túnel e non desfaleceremos no esforzo de seguir ensinando baloncesto e valores con dedicación e ilusión… TEMOS QUE SEGUIR ADIANTE, por ti, por min, por eles, pol@s miles de nen@s, maiores e os empresas/autónomos que nos seguen apoiando. Polo que amanos, polo que nos fai rir e as veces chorar, polo que respectamos e desfrutamos na compaña de amig@s: o BA LON CES TO.

Así que como xa queda moi pouco, xa estamos esperando que comece con moitas gañas o 2021 e deixar atrás este ano. Amig@s forza, animo e sigamos traballando polo que nos gusta: o deporte, o BA LON CES TO 👍

Os mellores desexos para este ano 2021 que imos iniciar de parte de tod@s os que formamos parte da ESCOLA BASKET XIRIA.

XUNTOS AGORA MÁIS QUE NUNCA #AFamiliaSempreUnida … FORZA XIRIA!!! 🏀💪💚

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*