PREINSCRICION SUMMER CAMP 2020 by Basket Xiria

A Directiva da Escola Basket Xiria lanza a PREINSCRCION do SUMMER CAMP 2020. A pesar da situación incerta, motivada pola crise sanitaria que vivimos, o Club espera se poida celebrar o seu CAMPAMENTO DE VERÁN.

Estimad@s amig@s da ESCOLA BASKET XIRIA, o futuro deportivo a día de hoxe é incerto e unha incógnita en practicamente tódolos aspectos actuais da vida. Unha actividade fundamental que organizamos tódolos anos, como é o CAMPAMENTO DE VERÁN 2020, está do mesmo xeito condicionada á evolución desta crise sanitaria e a expensas das indicacións e autorizacións da administracións públicas.

O noso obxectivo é poder realizar o CAMPAMENTO DE VERÁN 2020, como se ven desenvolvendo nestes anos, para que @s nen@s poidan gozar de actividades o AIRE LIBRE EN AMPLOS ESPAZOS, sempre coas garantías e medidas de seguridade oportunas, para que así @s pais/nais poidades conciliar mellor a vida diaria nos meses de XULLO e AGOSTO. A celebración neste 2020 estará condicionada á obtención dos permisos pertinentes por parte das administracións competentes.

Haberá LIMITE DE PRAZAS e serán asignadas por orde de inscrición.

Na PREINSCRICION (do 21/05 ó 09/06) do CAMPAMENTO DE VERÁN 2020, non se esixirá ningún pago. En canto nos cominiquen con total certeza e seguridade que podemos celebralo, abriremos un novo prazo para confirmar as INSCRICIONS definitivas.

Dito isto, AXUDARÍANOS MOITO neste intre coñecer a vosa opinión dada a situación especial que vivimos, polo que vos pregamos respondades a este breve cuestionario:

PREINSCRICION: https://bit.ly/XiriaVeran


AGARDAMOSTE!
Participantes no SUMMER CAMP 2019

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*