PONTECESO ACOLLE A PRIMEIRA XORNADA DA LIGA DE BABYBASKET

O Concello de Ponteceso e a Escola Basket Xiria, serán os organizadores da primeira xornada la Liga Babybasket, que se disputará o Sábado día 22 de Decembro no Pavillón  Municipal de Ponteceso, e que contará cun total de 24 equipos que disputarán un total de 24 partidos.        

Neste evento cerca de 200 xogadores de entre 4 e 7 anos xogarán a primeira xornada da competición. A pista divídese en tres campos posibilitando que se disputen tres encontros simultáneos. Os partidos xóganse sen facer rexistro das anotacións e baixo o control dun árbitro. Entre as  10:00 e as 14:00 horas producirase o debut en partido de moitos xogadores repletos de ilusión que reciben os aplausos dunha bancada ateigada de nais e pais.

Pola parte das Escolas Basket Xiria haberá tres equipos en competición sendo un deles o equipo EDM Ponteceso. Para a gran maioría de xogadores será o primeiro partido que disputen despois dun longo tempo de adestramento e verase na faciana de moitos a inmensa ledicia tras conseguir a primeira canasta.

A Liga de Babybasket está no seu segundo ano de celebración e foi un formato creado despois de comprobar o interese que clubes, escolas e colexios mostraban cada ano por participar no Pequebasket de Carballo, que se disputa o 17 de Maio, dende fai xa 7 anos.

O Concello de Ponteceso a través do concelleiro de Deportes, mostrou dende o primeiro momento o interese por organizala primeira xornada, algo que se concretou a semana pasada, ó recibir a notificación por parte da Federación Galega.

BabyBasket 24Marzo (111)

BabyBasket 24Marzo (53)

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*