Aspaber Basket Xiria son “Campeones” tamén de película

A película “Campeones”, de Javier Fesser, supera xa os 14 millóns de Euros en Taquilla, e agora estrearase en Francia, Portugal, Italia, Suiza, Alemania, algúns países de Latinoamérica e incluso Corea, Taiwan ou China.

campeones-pelicula

Campeones’ supera os 14 millons de ingreso en taquilla, roza os dous millons e medio de espectadores e consolídase como a producción española máis exitosa de 2018 e a decimonovena de todos os tempos, e vai camiño de cuadruplicar en ingresos por entradas os catro millons de orzamento coa que se rodou.

“Yo me he encomendado desde el principio en la capacidad enorme que tienen los personajes para conectar con el público“, admite por su parte Fesser. “Para emocionar, además, desde la risa. Estoy viviendo con esta película algo mágico a lo que no estaba yo muy acostumbrado: realmente noto que la película hace feliz a quien la ve, que no tiene que ver con gustar o no gustar, o que te parezca divertida o emocionante, sino que es algo más.Y ese algo más está en los personajes, que son tan de verdad, tan auténticos y con una humanidad tan desbordante. Cuando alguien recomienda esta película, noto que quien la ha visto está diciendo: ‘He conocido unas personas a las que me encantaría presentarte”.

A COLABORACIÓN ENTRE ASPABER E A ESCOLA BASKET XIRIA NESTE SENTIDO, XA VAI POLO SEXTO ANO

Pero os xogadores e xogadoras de Aspaber Basket Xiria, non son de película, son moi moi reais. A colaboración entre a EBX e Aspaber vai xa polo sexto ano. O primeiro ano da colaboración o número de xogador@s inscritos na actividade era arredor de 14. No pasado ano o número pasou a ser de 40 e neste ano xa se teñen 44 xogador@s. O éxito da actividade levou a repartir os xogadores en dous grupos. Os adestramentos son todos os venres pola mañá, o primeiro grupo de 9:30 a 10:45 e o segundo grupo de 11:15 a 12:15. José Tato é o coordinador e adestrador do Aspaber Basket Xiria pero tamén conta con outros adestradores da EBX como Héctor Añón e Iván Latasa para axudar nos adestramentos.

Dende a EBX e Aspaber querese conseguir potenciar a actividade e estase traballando de maneira conxunta para xogar con asiduidade partidos amigables contra equipos doutras asociacións de Galicia.

De feito, este luns 28 de Maio, Aspaber Basket Xiria xogou en Narón, para participar nunha xornada de convivencia lúdica-deportiva coa Asociación Nuestra señora de Chamorro.

Disputáronse dous partidos amigables de baloncesto, onde ademais de obter bos resultados, os xogadores quedaron moi satisfeitos co traballo en equipo realizado baixo a batuta do adestrador Jose Tato. Con este partido, devolveuse a visita que a tempada pasada fixeron os xogadores de Naron  e que servira para presentar as  equipacions do equipo carballés.

Aquí podemos ver algunhas fotos do encontro

ASPABER-BASKET-XIRIA (4)

ASPABER-BASKET-XIRIA (1) ASPABER-BASKET-XIRIA (2) ASPABER-BASKET-XIRIA (3)

E aquí unha foto da presentación das Camisetas esta tempada, gracias a colaboración entre Escola Basket Xiria, Aspaber, e o Concello de Carballo.

4

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*