Charla para adestradores de DAVID JIMENO

Gracias ao convenio entre Basquet Coruña e a Escola Basket Xiria, o día 24 teremos en Carballo a David Jimeno, director da canteira do Joventut de Badalona.

Xornada de sumo interés, á vez que instructiva a que teremos o venres 24 (Pavillón do IES Monte Neme – de 18:30 a 19:00) en Carballo, con David Jimeno, director de canteira do Joventut de Badalona, sen dúbidas, a mellor canteira do baloncesto a nivel español.

Grazas a Básquet Coruña e en colaboraicon con CB Artai o técnico da Penya estará na xornada do venres co seguinte programa:

De 17:00 a 18:30 terá unha sesión de adestramento cos xogadores cadetes do equipo Turismo Carballo Artai XIRIA (á que poderán asistir todos os adestradores que queiran)

A sesión terá lugar no pavillón do IES Monte Neme. De 18:30 a 19:00, tras a sesión, terá lugar unha charla-coloquio cos adestradores presentes

Foto: DAVID JIMENO

AS CHARLAS ESTAN ENMARCADAS, DENTRO DUNHA ACTIVIDADE QUE PROMOVE O BASQUET CORUÑA.

David Jimeno e Ferrán Pizcueta visitan a canteira de Básquet Coruña

Esta semana, o club Básquet Coruña recibirá a visita de dúas das maiores personalidades de categorías base do noso país, como é o caso de David Jimeno (Director de Canteira do Joventut Badalona) e Ferrán Pizcueta (Director Academia FP Unlimited Basketball).

Ditas visitas terán lugar do 23 ao 25 do presente mes, no caso de Jimeno, e do 30 ao 1, no caso de Pizcueta. Para estes clínics, o Básquet Coruña cursou invitación a todos os clubs da comarca, co fin de que todos eles poidan gozar e aprender con estas dúas grandes personalidades do mundo do baloncesto en España.

Ademais de impartir charlas en relación á súa metodoloxía de traballo, as categorías base do club coruñés terán o privilexio de contar con varias sesións impartidas por estes técnicos.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*