Mañá última xornada de Basket nas Parroquias con Basket Xiria

Mañá sábado 28 de setembro parece que sí nos acompaña o tempo! 🏀☀.

Ás 11h terá lugar en GOIÁNS (pistas deportivas campo da festa de Xoane) a 2ª xornada de “Vive o deporte, desfruta do baloncesto na túa parroquia”.
A Escola Basket Xiria levará ós seus equipos infantís masculino e feminino a xogar e divertirse ó aire libre.
Con esta actividade a EBX pretende achegar o deporte do baloncesto ós veciños e veciñas das nosas parroquias, cun evento de carácter lúdico, deportivo e social.
Todas as persoas asistentes maiores e máis novos poderán desfrutar e participar de xeito activo neste evento, e haberá concursos e sorteos. ACHÉGATE O SÁBADO POLA MAÑA A GOIÁNS A ANIMAR, PARTICIPAR E DIVERTIRTE CONNOSCO!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*