III Edición de “Vive o deporte, Desfruta do Baloncesto na túa parroquia”

A Escola Basket Xiria (EBX) organiza a 3ª Edición de “Vive o deporte, desfruta do baloncesto na túa parroquia”, evento de carácter lúdico, deportivo e social, en pistas deportivas ó aire libre, facendo este ano unha parada nas parroquias de Bértoa e Goiáns.

Cartel de Vive o Deporte, desfruta do Baloncesto na túa parroquia – Carballo –

As datas son as seguintes:

-BÉRTOA – SABADO 14 SETEMBRO – Ás 11 horas (pistas deportivas Colexio de Mirón- detrás da igrexa). Acudirán equipos Cadete e Junior femeninos

-GOIANS – SABADO 21 SETEMBRO – Ás 11 horas (pistas deportivas campo da festa de Xoane). Acudirán equipos Infantiles Masculino e Femenino

Con esta actividade a EBX pretende achegar o deporte do baloncesto ós veciños e veciñas das nosas parroquias, empregando pistas deportivas ubicadas na súa contorna ó aire libre, cun evento de carácter lúdico, deportivo e social, onde participarán equipos das nosas categorías inferiores da EBX, masculinos e femininos, que están a iniciar a súa pretempada neste mes de setembro.

Todas as persoas asistentes maiores e máis novos poderán desfrutar e participar de xeito activo neste evento, e haberá concursos e sorteos.

ROLDA DE PRENSA DESTA ACTIVIDADE: Xoves 13:30 horas no Concello de Carballo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*