Homenaxe ós equipos de Baloncesto dos anos 80 en Carballo

O próximo Sábado 12 de Outubro ás 17:30 horas, o Calvo Basket Xiria de Liga EBA enfrontarase ó Obradoiro Silleda.

Nesta tempada na que se cumplen 35 anos de Aniversario do Clube, quérese rendir unha homenaxe ás primeiras xeracións dos anos 80 que formaron equipos de Baloncesto en Carballo, polo que intentarase contactar con estas persoas.

Dende a Directiva do Clube, faise un chamamento para todas aquelas persoas que conozan a xente que formase parte destas plantillas, para que se poñan en contacto co Clube a través do mail club@escolabasketxiria.com ou a través do teléfono 606 37 33 50

O equipo EBA xogará de amarelo en homenaxe a estas primeiras equipacións, e realizarase unha fotografía conmemorativa ó finalizar o encontro de liga EBA.

MOITAS GRACIAS POLA DIFUSIÓN!!!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*