Festa Fin de Tempada de Basket na comarca de Bergantiños o próximo 16 de Xuño na Cheda

A comisión organizadora da Festa da Cheda, que como cada ano está formada por pais e nais do Clube, abre o prazo para apuntarse á Festa Final de Tempada que celebraremos o día 16 de Xuño cun día campestre no lugar da Cheda

Día 16 de Xuño

Teléfono para anotarse: 607847925

Pago: 25 € por familia / 10 € os Singles

O prazo para reservar e pagar remata o Domingo 10 de Xuño para poder facer a compra según o número de asistentes.

A Festa da Cheda é un día de convivencia entre todos os pais, nais, nenos e nenas que forman parte da Escola Basket Xiria e que este ano ampliamos a todo o Baloncesto de Bergantiños (Carballo Basket Xiria, Laracha Basket Xiria, CB Artai, Escolas Municipais de Ponteceso, CEIP Labarta Pose, Aspaber Basket Xiria), e invitamos a todo o mundo a participar na clausura desta gran Tempada para a familia do Basket na comarca de Bergantiños

Neste día, tamén se poderán intercambiar CROMOS 300EBX entre os nenos e nenas, para así poder completar a colección histórica desta tempada 2017/2018.

Lugar da Cheda

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*