CARBALLO, EPICENTRO DE TRABALLO NO BALONCESTO DE FORMACIÓN CO VIII CLAUSTRO DOCENTE FGB

CARBALLO, EPICENTRO DE TRABALLO NO BALONCESTO DE FORMACIÓN CO VIII CLAUSTRO DOCENTE FGB

Carballo, 07 de xuño de 2018.- Federación Galega de Baloncesto, Concello de Carballo e Escola Basquet Xiria deron este xoves o pistoletazo de saída ao “VIII Claustro Docente FGB”, a celebrar nesta vila o sábado, 9 de xuño; dando cabida a un novo evento formativo de calidade para os adestradores de baloncesto en Galicia.

Reunidos na casa consistorial da propia vila, o director deportivo FGB, Carlos Colinas; o alcalde e concelleiro de Deportes da localidade, Evencio Ferreiro e Marcos Trigo; respectivamente; e o Presidente de EBX, Marcos Díaz; avanzaron os últimos detalles da actividade, que terá como sede o Pavillón Vila de e como obxectivo: o Baloncesto de Formación.

Marcos Trigo, Concelleiro de Deportes de Carballo abriu a quenda de palabra agradecendo a todos os implicados que iniciativas como esta se leven a cabo en Carballo, ”xa que coidar a formación dos adestradores é básico para mellorar de cara ao futuro”.

Representando a Escola Basket Xiria ou seu presidente, Marcos Molk, lembrou que “dous dos obxectivos da directiva nos últimos anos foron crear un proxecto sólido non só en Carballo, senón que aglutine a toda a Comarca de Bergantiños para aumentar o volume de xogadores e xogadoras de baloncesto, e outro fundamental foi mellorar a formación dos adestradores, para dispoñer dun mellor nivel non só técnico, senón tamén de valores”. Como marco perfecto a Claustro quixo rememorar ademais unha frase de Henry Ford: “Só hai algo máis caro que formar ás persoas e que se marchen, e é non formalos e que se queden”.

Por parte da FGB, Carlos Colinas desmenuzou pormenorizadamente a actividade, destacando que Maurizio Cremonini, que é a primeira vez que visita Galicia, é un referente da formación en MiniBasket.

Así mesmo, fixo referencia ao compromiso amosado polo global dos adestradores galegos con este Claustro, non que “a día de hoxe hai xa 110 adestradores inscritos, co que se prevé a presenza de ao redor de entre 120 e 150 adestradores chegados de toda España”. Finalizou a súa intervención agradecendo a colaboración de Concello e Escola Basket Xiria, agardando “que este evento sexa o primeiro de moitos en Carballo”.

Evencio Ferreiro, Alcalde de Carballo, finalizou esta rolda de intervencións poñendo en valor esta iniciativa de Escola Basket Xiria, recordando como docente que el é de profesión, que “a formación é a base para poder crecer como persoas”. Nesta liña, fixo mención a outras iniciativas de Escola Basket Xiria como o Pequebasket, que o pasado 17 de maio reuniu en Carballo a máis de 700 nenos de toda Galicia. Pechando ou acto, animou tanto ou club como á Federación a seguir traballando nesta dirección.  

Formación, prestixio e calidade

O VIII Claustro Docente FGB concentrará a todos os participantes nunha xornada eminentemente didáctica e centrada nun programa de charlas prácticas protagonizado por tres representantes da elite do traballo coa base a nivel autonómico, nacional e internacional:Mauricio Cremonini, Javier Torralba e Critino Menor.

Mauricio Cremonini adestrador da Federacion Italiana de baloncesto, catalogado na actualidade como o maior especialista no traballo de minibasket do mundo, e que visita España por segunda vez e Galicia por primeira ocasión neste ámbito de traballo.

Javier Torralba, adestrador de Segle XXI e da federación Catalá, considerado un dos mellores adestradores de base de España, e que por primeira vez estará como relator na nosa Comunidade.

 Cristino Menor, director deportivo de Estudiantes de Lugo, profesor da “Escola Galega de Adestradores” e con máis de 20 anos de experiencia no campo da formación.

Os tres relatores convidados, así como todos os asistentes, realizarán posta en común e coñecementos  en horario de mañá e de tarde; contando tamén coa presenza e reforzo deportivo de dous combinados de xogadores galegos da xeración 2007, os cales traballarán o sábado no marco do Claustro, e proseguirán a súa estancia en Carballo ata o domingo para exercitarse as ordes de técnicos colaboradores da Federación Galega de Baloncesto.

 

CLAUSTRO-DOCENTE-1

Presentación

O Claustro presentouse esta mañá na casa do concello, nunha rolda de prensa á que asistiron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o presidente da Escola Basket Xiria, Marcos Díaz; o director deportivo da EBX, Arturo Ferraces; o director da área deportiva da FGB, Carlos Colinas; e os adestradores das seleccións galegas de minibasket Rubén Vázquez e o carballés Javier Cotelo, do Artai.

“Para o Concello de Carballo é importante”, explicou Marcos Trigo, “apoiar o deporte pero tamén a formación dos profesionais do baloncesto, neste caso; e ademais nun evento de tanta calidade como se presenta o Claustro”.

Marcos Díaz salientou que para a EBX o máis importante é conseguir que practiquen baloncesto cantos máis deportistas mellor, “pero tamén apostamos pola formación de adestradores, máximos responsables de que os rapaces medren non só como xogadores, senón tamén en valores”. O presidente do Basket Xiria agradeceu a confianza depositada no club carballés pola Federación Galega e o apoio do Concello de Carballo na organización do Claustro.

“A Federación Galega -dixo Carlos Colinas– ten desde hai moitísimos anos un compromiso coa formación, e cando falamos dese compromiso pensamos en nenas e nenos que empezan a xogar; pero eses nenos e nenas teñen que estar guiados polos adestradores. As nosas iniciativas, como este Claustro, non terían sentido sen o apoio das institucións e dos clubs, como o Concello de Carballo e a Escola de Basket Xiria”. “O Claustro –engadiu- comezou en 2014 e nesta edición quixemos centrarnos no minibasket, que é onde nace todo. Creo que pechamos un cartel dabondo atractivo, no que están representadas tres escolas moi diferentes do que é o baloncesto de formación”. O director deportivo da FGB destacou a presencia, por primeira vez en Galicia, de Mauricio Cremonini, “unha das grandes autoridades europeas na formación e minibasket. Javier Torralba é unha das referencias dos adestradores xoves do baloncesto catalán, sempre á vangarda do baloncesto formativo; e Cristino Menor representa o perfil do técnico con moitos anos no baloncesto de formación”. “Para nós”, rematou, “é un orgullo dicir que hai 110 inscritos para a actividade do sábado, unha xornada intensa na que sabemos que o formato de mañá e tarde dá moito de si e na que, tan importante como as charlas, é o claustro que se crea no propio pavillón coa convivencia dos adestradores”.

Evencio Ferrero afirmou que as instalacións municipais están para ser usadas, “e máis nun evento coma este, que aposta pola formación”. O alcalde felicitou tanto á EBX como a FGB por apoiar un modelo “no que a mellora dos profesionais cada vez máis cualificados vai permitir que o deporte de base siga dando pasos importantes. E ese é o deber do noso Concello, que esa aposta pola formación se realice nas mellores condicións”. Ferrero despediu a rolda de prensa desexando que iniciativas como o Claustro Docente teñan continuidade no futuro, “porque seguro que de aquí van saír novas ideas e novos proxectos, como o Pequebasket, que naceu en Carballo e xa chegou a toda Galicia”.

OUTRAS FOTOGRAFÍAS

CLAUSTRO-DOCENTE-1

WhatsApp Image 2018-06-07 at 13.33.16 WhatsApp Image 2018-06-07 at 13.33.15(1) WhatsApp Image 2018-06-07 at 13.33.15 claustro-carballo-todos CLAUSTRO-DOCENTE-2 CLAUSTRO-DOCENTE-1 claustro-docente-carlos-colinas

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*